Monday 01 de July de 2024

O Concello instalará un Punto Violeta nas festas de Dexo


O Concello de Oleiros, en colaboración coas comisións de festas do municipio, está a traballar activamente para a prevención das violencias sexuais, LGTBIfóbicas e demais violencias machistas durante as festas a desenvolver ao longo de todo o verán nas diferentes parroquias.

Nas festas de Dexo, que se celebran esta próxima fin de semana, o Concello instalará un Punto Violeta durante a noite do venres. Os Puntos Violeta son espazos de atención a vítimas de agresión sexual, LGTBIfóbica e calquera outro tipo de agresión machista. Formado por unha equipo experto de profesionais na materia, tamén conta con acompañamento psicolóxico. Ademais, ofrecen información sobre os recursos municipais na materia e realizan accións de sensibilización dirixidas á cidadanía, coas que se busca dotar de ferramentas para a prevención, detección e actuación fronte ditas violencias.

Un ano máis, coa campaña “Non faltes á festa, pero de festa non faltes”, o Concello busca dotar a toda a cidadanía de ferramentas para a prevención, detección e actuación fronte a violencia de xénero e demais violencias machistas durante as celebracións, actos festivos e espazos de ocio nocturno.